Ministerio de Facenda PORTAL INSTITUCIONAL DEL MINISTERIO DE HACIENDA

Buscador de Contenidos

Comisións do País Vasco e Navarra

Comisión Mixta do Concerto Económico (País Vasco)A Comisión Mixta do Concerto Económico é un órgano de composición bilateral entre o Estado e o País Vasco á que se lle encomendan as seguintes funcións:
  1. Acordar as modificacións do Concerto Económico.
  2. Acordar os compromisos de colaboración e coordinación en materia de estabilidade orzamentaria.
  3. Acordar a metodoloxía para sinala a cota en cada quinquenio.
  4. Acordar o nomeamento e réxime dos compoñentes da Xunta Arbitral.
  5. Todos aqueles acordos que en materia tributaria e financeira resulten necesarios en cada momento para a correcta aplicación e desenvolvemento do previsto no Concerto Económico.

En canto á súa composición, está constituída, dunha parte, por un representante de cada Deputación Foral e outros tantos do goberno vasco e, doutra, por un número igual de representantes da Administración do Estado.A súa regulación atópase nos artigos 61 e 62 do Concerto Económico coa Comunidade Autónoma do País VascoAbre en nova ventá(PDF aprox. 49,41 KB) aprobado pola Lei 12/2002, do 23 de maio.Comisión de Coordinación e Avaliación Normativa (País Vasco)A Comisión de Coordinación e Avaliación Normativa é un órgano de composición bilateral entre o Estado e o País Vasco á que se lle encomendan, entre outras, as seguintes funcións:

  • Avaliar a adecuación da normativa tributaria ao Concerto Económico con carácter previo á súa publicación.
  • Resolver as consultas que se formulen sobre a aplicación dos puntos de conexión contidos no presente Concerto Económico.
  • Realizar os estudos que estimen procedentes para unha axeitada articulación estrutural e funcional do réxime autonómico co marco fiscal estatal.
  • Facilitarlles ás administracións competentes criterios de actuación uniforme, plans e programas de informática e articular os instrumentos, medios, procedementos ou métodos para a materialización efectiva do principio de colaboración e do intercambio de información.

Está composta por catro representantes da Administración do Estado e catro representantes da comunidade autónoma designados polo goberno vasco.A súa regulación atópase nos artigos 63 e 64 do Concerto Económico coa Comunidade Autónoma do País VascoAbre en nova ventá(PDF aprox. 53,69 KB) aprobado pola Lei 12/2002, do 23 de maio.Comisión Coordinadora de NavarraA Comisión de Coordinación é un órgano de composición bilateral entre o Estado e Navarra á que se lle encomendan, entre outras, as seguintes funcións:

  • Avaliar a adecuación da normativa tributaria ao Concerto Económico con carácter previo á súa aprobación.
  • Resolver as consultas que se formulen sobre a aplicación dos puntos de conexión que contén o Convenio Económico.
  • Determinar a achega económica.
  • Cuantificar a valoración anual, provisional e definitiva do custo das competencias exercidas pola Comunidade Foral de Navarra en materia de policía.
  • Realizar os estudos que se estimen procedentes para unha axeitada articulación estrutural e funcional do réxime foral co marco fiscal estatal.
  • Facilitarlles ás administracións competentes criterios de actuación uniformes, plans e programas de informática.
  • Acordar os compromisos de colaboración e coordinación en materia de estabilidade orzamentaria.

A Comisión Coordinadora está composta por seis representantes da Administración do Estado e seis representantes da comunidade foral designados polo goberno de Navarra.A súa regulación atópase no artigo 67 do Convenio Económico entre o Estado e a Comunidade Foral de NavarraAbre en nova ventá(PDF aprox. 63,27 KB) aprobado pola Lei 28/1990, do 26 de decembro segundo redacción dada pola Lei 25/2003, do 15 de xulloMáis información:

Dirección Xeral de Coordinación Financeira coas Comunidades Autónomas
  • Normativa sobre financiamento autonómico
  • Banners destacados

    Enlaces a información importante do Ministerio de Facenda e Función Pública

    Sede Electrónica (Abre en nova ventá)Banco de datos económico financeiros (Abre en nova ventá)Goberno AbertoLogotipo do Portal da Transparencia (Abre en nova ventá)Participación pública en proxectos normativos

    Ministerio de Facenda e Función Pública