Bibliotecas

CATÁLOGOConsulte no noso catálogo a colección da Biblioteca de Facenda, especializada en Facenda Pública, Economía e Dereito.A descrición bibliográfica das publicacións está enriquecida coa cuberta e o índice das monografías e de unha ampla selección de revistas, así como co texto completo dun gran número de obras carentes de dereito de autor e de produción propia.Tamén é posible disfrutar dunha colección de textos históricos, tanto da Biblioteca Central coma do Arquivo Xeral, e dunha colección de 1500 fotografías.
Empezou a funcionar a mediados do século XIX. As súas modernas instalacións inauguráronse o 13 de novembro de 2002. As obras feitas daquela permitiron recuperar, na medida do posible, o estado orixinal dun dos patios do edificio, mantendo unha curiosa cúpula de estrutura laminar de aceiro e vidro traslúcido de 7 mm. Na Sala de Lectura pódense consultar coleccións lexislativas, estatísticas, a colección de referencia, os últimos números das revistas subscritas pola Biblioteca, etc.Nos ordenadores da Sala de Lectura os usuarios poden ter acceso a bases de datos xurídicas, libros e revistas electrónicas e prensa dixital. DONDE ATOPARNOSEnderezo: R/ Alcalá, 9. Planta baixa. 28071 MadridTeléfonos: 91 595 87 97 / 91 595 83 42Fax: 91 595 83 71Correo electrónico: biblioteca.central@minhap.esHORARIOLuns a venres: 09,00-14,30 horasSERVIZOSLectura en Sala: A Sala de Lectura está dotada con 13 postos e 4 ordenadores con conexión a Internet. As mesas están adaptadas para que os usuarios poidan utilizar os seus ordenadores persoais. A Sala de Lectura dispón tamén dunha zona con cobertura WI-FI.Colección de libre acceso: Consulta en libre acceso da colección de referencia, formada por máis de 250 títulos, e dos últimos números das principais revistas e diarios especializadosInformación bibliográfica: Información bibliográfica presencial, telefónica e por correo electrónico. Pode utilizar tamén formularioPréstamo/Renovacións/Reservas:  Préstamo domiciliario: O préstamo domiciliario é un servizo exclusivo para o persoal do departamento. Para solicitar un préstamo, pode utilizar o formulario. (Utilice un único formulario para cada libro ou artigo de revista solicitado). Exclúense do préstamo os exemplares con antigüidade igual ou superior aos 40 anos. A duración máxima do préstamo é de 20 días (90 días para os usuarios oficiais).Renovacións: Os préstamos pódense renovar en líña nos dous días anteriores o vencemento. Poderán renovar todo o material, con excepción do que teña unha  reserva. Para maior información sobre como realizar a renovación en liña, consulte a axuda. Pode solicitar así mesmo a renovación mediante correo electrónico a biblioteca.central@minhap.es.Reservas: Os usuarios da biblioteca con dereito a préstamo poden reservar en líña unha publicación que se atope prestada, facendo click sobre o botón Reservar. A confirmación da súa dispoñibilidade comunicarase por correo electrónico. A reserva manterase 2 días a partir da comunicación da súa dispoñibilidade. Para maior información sobre como facer unha reserva en liña consulte a axuda.Préstamo Interbibliotecario: O servizo de préstamo interbibliotecario está dirixido a: Bibliotecas que solicitan préstamo ou reprodución de fondos da Biblioteca Central.Persoal do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas que necesita fondos doutras bibliotecas.Condicións do préstamo interbibliotecario:  Prestaráse un máximo de tres obras durante o prazo de 20 días, renovable por outros 20 días, previo aviso e conformidade.As solicitudes de préstamo interbibliotecario poden dirixirse a: biblioteca.central@minhap.esReprodución de documentos: Con fins de investigación e, conforme á normativa vixente sobre propiedade intelectual, os usuarios poderán facer persoalmente as súas copias na fotocopiadora moedeiro da Sala de Lectura.Tarifas: fotocopias UNE-A4: 0,06 € por unidade.fotocopias UNE-A3: 0,10 € por unidade.No caso do persoal do departamento, as copias serán gratuítas.A miña Biblioteca: Este apartado do catálogo está reservado para o persoal do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, que previamente deberá rexistrarse como usuario da Biblioteca Central do departamento.Para rexistrarse, acudirá á Biblioteca Central ou solicitar a alta na caixa de correo da biblioteca: biblioteca.central@minhap.es. Na casa reservada para Nome e apelidos, escriba o seu nome e apelidos na orde que prefira; na casa reservada para o DNI, encha o seu número de DNI sen a letra final e engadindo ceros á esquerda ata completar os 8 díxitos.A  través desta opción os usuarios teñen acceso aos seguintes servizos: Ver os exemplares que teñen prestados e a súa data de devolución.Reservar libros, así como ver e cancelar os seus libros reservados.Seleccionar e gardar as súas buscas preferidas.Para obter máis información, consulte a axuda.CALIDADE E COMPROMISOSCarta de ServizosCarta de Servizos ElectrónicosFORMULARIOS DE SERVICIOSServicio de información bibliográfica   BIBLIOTECA CENTRAL DE ADMINISTRACIÓNS PÚBLICASEl Ministerio cuenta también con otras Bibliotecas especializadas, entre las que se encuentra la del Instituto de Estudios Fiscales  y la del Instituto Nacional de Administración Pública    

Buscador

Formulario de busca xenérico do Ministerio de Facenda e Función Pública

Banners Destacados

Enlaces a información importante do Ministerio de Facenda e Función Pública

Sede Electrónica (Abre nueva ventana)Banco de datos económico financeiros (Abre nueva ventana)Central de informacionPortal da transparenciaParticipación pública en proxectos normativos