A Constitución española preceptúa que a selección no emprego público se rexe polos principios de mérito e capacidade, igualdade e publicidade. En concreto, regula que “Os cidadáns teñen o dereito a acceder en condicións de igualdade ás funcións e cargos públicos” e que “a lei regulará o acceso á función pública de acordo cos principios de mérito e capacidade”.
En base a estes preceptos constitucionais de acceso ao emprego público, a Administración Xeral do Estado implementa un sistema de acceso, que se detalla, a modo informativo, a continuación:
Como acceder a un posto de traballo como empregado público
Para acceder ao emprego público deben de cumprirse os requisitos esixidos na convocatoria, presentar no prazo a solicitude, pagar, salvo exención, a taxa correspondente, superar as probas selectivas e tomar posesión na praza ofertada.
O acceso á condición de empregado público pode ser á condición de funcionario de carreira ou á de traballador con contrato laboral fixo, en función do tipo de tarefas a desempeñar.
Nalgúns casos convócanse procesos para ser nomeado funcionario interino ou persoal laboral temporal, nestes casos a duración da relación de servizos coa Administración está limitada no tempo e non é permanente. No entanto, con carácter xeral para o nomeamento do persoal temporal non se publica unha convocatoria previa, xa que adoitan utilizarse listas de reserva de candidatos en anteriores procesos selectivos para persoal fixo ou outros procedementos específicos.
Nos casos do persoal funcionario, o acceso a esta condición realízase mediante o acceso a un corpo ou escala concreta, creado pola lei. Os corpos de funcionarios clasifícanse en grupos de titulación de acordo coa titulación requirida para o ingreso nos mesmos:
Qué Que requisitos se esixen para participar nas probas selectivas
Para ser Funcionario:
Para ser Laboral:
Ademais dos supostos anteriores, os non nacionais con permiso de traballo e residencia en España.
Poderase esixir a idade mínima de dezaoito anos para o acceso aos corpos e escalas que impliquen o exercicio de autoridade ou cuxas funcións supoñan risco para a saúde.
ACCESO A PROFESIÓNS, OFICIOS E ACTIVIDADES QUE IMPLIQUEN CONTACTO HABITUAL CON MENORES E EXERCICIO DAS MESMAS.
Será requisito para o acceso ás profesións, oficios e actividades que impliquen contacto habitual con menores, e para o exercicio das mesmas, o non ser condenado por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que inclúe a agresión e abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos. Para ese efecto, quen pretenda o acceso a tales profesións, oficios ou actividades deberá acreditar esta circunstancia mediante a achega dunha certificación negativa do Rexistro Central de delincuentes sexuais.
Ass convocatorias das probas selectivas correspondentes á oferta de emprego público incluirán unha reserva dunha cota para ser cubertas entre persoas con discapacidade, considerando como tales as definidas no apartado 2 do artigo 4 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, sempre que superen os procesos selectivos e acrediten a súa discapacidade e a compatibilidade co desempeño das tarefas.
A normativa prevé que se reserve un sete por cento das prazas para persoas con discapacidade, e polo menos o dous por cento para persoas que acrediten unha discapacidade intelectual, o resto das prazas ofertadas serao para persoas que acrediten calquera outro tipo de discapacidade. Cada administración realizará a distribución da reserva de prazas dando preferencia ás vacantes en corpos, escalas e categorías laborais cuxas funcións resulten compatibles coa existencia dunha discapacidade.
A normativa establece outros mecanismos para facilitar o acceso ao emprego público das persoas con discapacidade, como a adaptación de tempo e/ou medios para a realización das probas, alterar a orde de prelación para a elección de prazas en determinados supostos, ou a adaptación do posto que se adxudique.
A promoción interna consiste no ascenso dun funcionario de carreira dun corpo ou escala dun subgrupo de clasificación profesional a outro corpo ou escala do subgrupo superior, ou no caso do persoal laboral fixo o ascenso a unha categoría profesional superior. Para iso débese presentar a instancia para participar no proceso e superar as probas selectivas.
O persoal laboral fixo tamén pode participar por promoción interna para acceder a un corpo ou escala de persoal funcionario dun determinado subgrupo profesional.
Para acceder a un corpo ou escala de persoal funcionario débense posuír os requisitos esixidos para o ingreso no novo corpo ou escala, e ter unha antigüidade de polo menos, dous anos de servizo no corpo ou escala de pertenza.
Para a promoción interna a unha categoría superior de persoal laboral, débese reunir os requisitos esixidos no convenio colectivo de aplicación.